Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería
deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-5CB. Nokia pode
fabricar modelos de batería adicionais para este dispositivo.
O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes
cargadores: AC-3. O número exacto do modelo do cargador
pode variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de
enchufe pode ser un dos seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C, K, ou
UB.
A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero
finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo
de espera e durante as conversas telefónicas se reduza
considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías
autorizadas por Nokia e recárgueas unicamente con
cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse
con este dispositivo.
Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se
utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario
conectar o cargador, desconectalo e volvelo conectar para
comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente
descargada, é posible que teña que esperar varios minutos
para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o
indicador de carga na pantalla.
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte
o cargador antes de extraer a batería.
10 Información xeral
Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente
e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería
completamente cargada conectada a un cargador, xa que o
exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan,
as baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.
Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente
manter sempre a batería a unha temperatura comprendida
entre os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a
temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da
mesma. É posible que o dispositivo non funcione
temporalmente se a batería está fría ou quente. O
rendemento da batería é especialmente limitado a
temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.
Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan
curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico, coma unha
moeda, un clip ou un bolígrafo provoca un contacto directo
dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os
terminais teñen o aspecto de tiras metálicas na batería). Isto
pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha batería de
reposto no peto ou no bolso. Os curtocircuítos nos terminais
poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.