Coidado do dispositivo
O dispositivo é un produto que dispón dun deseño e artesanía
superiores e debe ser tratado con coidado. As seguintes
suxestións axudaranlle a conservar a cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a
humidade e todos os tipos de líquidos poden conter
minerais que produzan a corrosión dos circuítos
electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa
auga, retire a batería e agarde a que o dispositivo se
seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios
e poeirentos, xa que poderían producirse danos nas
súas pezas móbiles e nos compoñentes electrónicos.
Coidado do dispositivo 11
•
Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas ou
reducidas. As temperaturas elevadas poden reducir a
vida útil dos dispositivos electrónicos, danar as baterías
e deformar ou derreter determinados plásticos. Cando
o dispositivo regrese á súa temperatura normal dunha
temperatura reducida, é posible que se forme
humidade no interior do mesmo e que se produzan
danos nas placas dos circuítos electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao
indicado nesta guía.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un
manexo brusco pode producir a rotura das placas dos
circuítos e do mecanismo interno.
•
Non utilice produtos químicos agresivos, disolventes
de limpeza nin deterxentes concentrados para limpar
o dispositivo. Utilice só un pano seco, suave e limpo
para limpar a superficie do dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas
móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
•
Utilice unicamente a antena de reposto fornecida ou
unha autorizada polo fabricante. A utilización de
antenas, modificacións ou accesorios non autorizados
pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que
regula o uso de dispositivos de radio.
•
Utilice os cargadores en lugares interiores.
•
Cree unha copia de seguridade dos datos que desexe
manter, como os contactos e as notas do calendario.
•
Para reiniciar o dispositivo de vez en cando para obter
un rendemento óptimo, apágueo e retire a batería.
Estas suxestións aplícanse igualmente ao dispositivo, á
batería, ao cargador ou a calquera accesorio.