Entorno operativo
Este dispositivo cumpre coas directrices de exposición a
radiofrecuencia cando se emprega na posición normal de uso
no oído ou cando se coloca polo menos a unha distancia de
2,2 centímetros (7/8 de polgada) (RH-125) ou 1,5 centímetros
(5/8 de polgada) (RM-653) do corpo. Se se utiliza unha funda
de transporte, unha pinza para o cinto ou un soporte para
utilizar o produto pegado ao corpo, estes non deberán conter
ningunha peza de metal e deberá colocar o dispositivo á
distancia indicada anteriormente.
Para enviar ficheiros de datos ou mensaxes, cómpre dispoñer
dunha conexión de calidade á rede. É posible que o envío de
ficheiros de datos ou mensaxes se retrase ata que se atope
dispoñible a mencionada conexión. Respecte as instrucións
sobre a distancia de separación ata completar a transmisión.
Existen partes do dispositivo que son magnéticas. É posible
que os materiais metálicos sexan atraídos polo dispositivo.
Non coloque tarxetas de crédito nin outros soportes de
almacenaxe magnéticos preto do dispositivo, xa que é
posible que se elimine a información almacenada neles.