Información de certificación (SAR)
Este dispositivo móbil cumpre coas directrices de
exposición ás ondas de radio.
O dispositivo móbil é un transmisor e receptor de radio. Está
deseñado para non superar os límites de exposición ás ondas
de radiofrecuencia recomendadas polas directrices
internacionais. O organismo científico independente ICNIRP
desenvolveu estas directrices, que inclúen marxes de
seguridade deseñadas para garantir a protección de todas as
persoas, independentemente da idade e da saúde.
As directrices de exposición para os dispositivos móbiles
empregan unha unidade de medición coñecida como o Índice
de Absorción Específico ou SAR. O límite de SAR exposto nas
directrices de ICNIRP é de 2,0 watts/quilogramo calculado en
aproximadamente 10 gramos de tecido. As probas para SAR
lévanse a cabo utilizando posicións de funcionamento
Información de seguridade adicional 13
estándar co dispositivo transmitindo no seu nivel de enerxía
máis alto en todas as bandas de frecuencia probadas. O nivel
de SAR real dun dispositivo en funcionamento pode estar por
debaixo do valor máximo debido a que o dispositivo está
deseñado para empregar só a enerxía xusta para conectarse
coa rede. A cantidade cambia dependendo dun gran número
de factores, como a que distancia se atopa dunha estación
base de rede.
O valor de SAR máis alto admitido segundo as directrices de
ICNIRP para utilizar o dispositivo pegado á orella é de 1,16
Watt/kg (RH-125) ou 1,18 Watt/kg (RM-653).
O uso de accesorios do dispositivo pode provocar a aparición
de diferentes valores de SAR. Os valores de SAR poden variar
dependendo das necesidades de información e probas
nacionais e da banda de rede. Se desexa obter información
de SAR adicional, consulte a sección de información do
produto da páxina web www.nokia.com.
14 Información de seguridade adicional
DECLARACIÓN DE CONFORMIDADE
Pola presente, NOKIA CORPORATION afirma que este produto
RH-125/RM-653 cumpre cos requirimentos básicos e con
outras condicións relevantes da Directiva 1999/5/CE. Pódese
consultar unha copia da Declaración de conformidade na
páxina http://www.nokia.com/phones/
declaration_of_conformity/.
© 2009 Nokia. Todos os dereitos reservados.
Nokia, Nokia Connecting People e Navi son marcas comerciais
ou marcas comerciais rexistradas de Nokia Corporation.
Nokia tune é unha melodía rexistrada por Nokia Corporation.
O resto de produtos e nomes de compañías aquí
mencionados poden ser marcas comerciais ou marcas
comerciais rexistradas dos seus respectivos propietarios.
A reprodución, transferencia, distribución ou almacenaxe de
todo ou parte dos contidos deste documento, de calquera
modo e sen o previo consentimento por escrito de Nokia está
prohibido. Nokia opera cunha política de desenvolvemento
continuo e resérvase o dereito a efectuar modificacións e
melloras en calquera dos produtos descritos neste
documento sen previo aviso.
NA MÁXIMA MEDIDA PERMITIDA POLA LEXISLACIÓN APLICABLE,
NIN NOKIA NIN NINGÚN DOS SEUS LICENZANTES SE
RESPONSABILIZARÁ BAIXO NINGUNHA CIRCUNSTANCIA DA
PERDA DE DATOS OU INGRESOS NIN DE NINGÚN DANO ESPECIAL,
INCIDENTAL, CONSECUENTE (LUCRO CESANTE) INDIRECTO,
INDEPENDENTEMENTE DA SÚA CAUSA.
OS CONTIDOS DESTE DOCUMENTO FORNÉCENSE "TAL CAL". SALVO
QUE ASÍ O ESIXA A LEI APLICABLE, NON SE OFRECERÁ NINGÚN
TIPO DE GARANTÍA, EXPRESA OU IMPLÍCITA, INCLUÍDA, PERO SEN
LIMITARSE A ELA, A GARANTÍA IMPLÍCITA DE COMERCIABILIDADE
E ADAPTACIÓN A UN PROPÓSITO CONCRETO CON RESPECTO Á
EXACTITUDE, FIABILIDADE E CONTIDO DESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO. NOKIA RESÉRVASE O
DEREITO DE REVISAR OU RETIRAR ESTE DOCUMENTO EN
CALQUERA MOMENTO SEN PREVIO AVISO.
A dispoñibilidade de aplicacións, produtos e servizos
concretos pode variar segundo a rexión xeográfica. Póñase
en contacto co seu distribuidor Nokia para coñecer os detalles
e a dispoñibilidade dalgúns idiomas. Este dispositivo pode
conter elementos, tecnoloxía ou software suxeitos á
lexislación de exportación e ás normativas dos Estados
Unidos e doutros países. Queda prohibida calquera alteración
contraria ás disposicións da lexislación correspondente.
/Edición 3.0 GL
15