Cargar a batería
A batería vén parcialmente cargada da fábrica. Se o dispositivo indica que a batería está
baixa, faga o seguinte:
1 Conecte o cargador a unha toma de parede.
2 Conecte o cargador ao dispositivo.
4
Inicio
3 Cando o dispositivo indique que a batería está totalmente cargada, desconecte o
cargador do dispositivo e despois, da toma de parede.
Suxestión: Para aforrar enerxía, desconecte o cargador cando a batería estea
completamente cargada.
Non cómpre cargar a batería durante un período específico de tempo; pode utilizar o
dispositivo durante a carga. Se a batería está completamente descargada, é posible que
teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar
o indicador de carga na pantalla.